"O máis perigoso das escritoras é xuntarnos"

Aneiros, Pedreira e Amador Castro reciben os premios Xerais 2019. Xelís, o guieiro das botellas de mar (premio Merlín de literatura infantil), Os corpos invisibles (premio Jules Verne de literatura xuvenil) e Shanghai a Barcelona (premio Xerais de novela), obras de autoras consagradas distinguidas nesta edición.
Pedreira, Aneiros e Castro, este sábado en Vigo.
photo_camera Pedreira, Aneiros e Castro, este sábado en Vigo. [Imaxe: @Manuel_Est_Dom]

Amador Castro (1962) ten publicado dúas novelas: Memorias de antes do encoro e Pillabán, pillabán. Concede nas redes que comezou tarde “nisto da novela”, mais non na literatura. Rosa Aneiros (1976) e Emma Pedreira (1979) son autoras ben coñecidas e recoñecidas con numerosos premios. As tres recibiron a nova o pasado mes de xuño

Este sábado recolleron os trofeos e os cartos do galardón (10.000 euros en cada categoría). ​"O máis perigoso das escritoras é xuntarnos", dixo Emma Pedreira na festa que organizou a editorial. Ademais, presentaron as súas obras xa editadas.

Aneiros ten comentado que Xelís... é unha obra de denuncia sobre “a destrución do planeta”, mais tamén un libro que pretende traer “esperanza”. Pedreira, sorprendida por ter sumado un galardón nun xénero, o xuvenil, ao que lle ten “moito respecto” por ir dirixido a un público “esixente”, di que Os corpos invisibles propón un diálogo coas máis mozas. Pedreira gañou en 2018 o Xerais de novela con Besta do teu sangue

Comentarios