A decisión da CRTVG provocou unha enorme vaga de solidariedade e protesta no mundo cultural.
O xurado do galardón, dotado con 20.000 euros, salientou a “longa traxectoria no xornalismo” de Romaní, “o seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios”. Tamén sinalou “a súa visión de feminismo crítico e o seu compromiso social”.
Ademais do seu labor xornalístico, Ana Romaní é a autora dunha importante obra poética con títulos como Das últimas mareas (1994), Arden (1998) ou Estremas (2010).