Teatro

#AllWeNeedIsFIOT

Xa latexa a XXVI Edición do Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo (FIOT) e continuará co pulso firme até o 28 de outubro. Algo máis dun mes para gozar dun total de trinta e catro obras con tres coproducións, sete estreas absolutas e outras sete estreas na Galiza.

foto muiñada
photo_camera [Imaxe: FIOT] O espectáculo "Muiñada" estará no FIOT

O Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT) foi transformando aos poucos a vila carballesa até convertela no que é hoxe, o corazón do teatro. E non é para menos, a esencia do FIOT radica na súa diversidade, na aposta na calidade e na promoción e creación dun público que o leva arroupando durante máis de vinte e cinco anos. “O FIOT é unha realidade grazas a toda a sociedade que o fixo posíbel, grazas ao esforzo e implicación de todas as persoas que colaboran, a Telón e Aparte e tamén ao departamento de Cultura, que traballa arreo, mais sobre todo, grazas ao público que temos e que o fai posíbel”, explícanos Marcos Trigo, concelleiro de Cultura de Carballo.

1O ano pasado festexaban por todo o alto as vodas de prata, os vinte e cinco anos de FIOT. Agora, nesta nova etapa pos-25 aniversario decidiron centrar os esforzos en consolidar as dúas arterias principais que osixenan o corazón do teatro carballés. Por un lado, a promoción de directoras e directores e, polo outro, o apoio á creación e a xeración de máis actividade escénica dentro do propio festival. “A partir desa masa común que levamos desenvolvendo durante máis de vinte e cinco anos agora queremos insistir un pouco máis nesas dúas liñas”, sinala, en declaracións a Sermos Galiza, o presidente da Asociación Telón e Aparte e actual director do FIOT, Alberto Sueiro. A primeira delas, a promoción de directores, xorde na necesidade de recoñecer o seu labor profesional, xa que “non teñen o recoñecemento que nós consideramos que merecen”, matiza; a segunda das actuacións céntrase na creación “como función e como destello do propio festival”, engade Sueiro.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 265, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios