'All these creatures' gaña o premio do público do Curtocircuito 2019

Na sección Planeta GZ a curta elixida polo xurado foi 'En la boca de la mina', de Brandán Cerviño.

cortocircuito

A australiana All these creatures foi a gañadora do premio do público nesta 16 edición do festival internacional de cinema Curtocircuito. Dirixida por Charles Willians, o traballo xa recibiu desde a súa estrea, en 2018, varios recoñecementos, como a plama de ouro de Cannes á mellor curta.

Mais este non foi o único premio dado a coñecer este domingo no Cortocircuito. O Xurado Radar composto por Kevin B. Lee, Paolo Bertolin e Mercedes Martínez concédelle o Premio Radar á mellor curtametraxe da sección a The Sasha, de María Molina.

O Xurado Explora, composto por Laura Huertas Millán, Eve Heller e Rocío Mesa concluíu que o Premio Explora á mellor curtametraxe da sección é para ALTIPLANO, de Malena Szlam. O xurado concédelle tamén unha mención especial a La Bala de Sandoval, de Jean-Jacques Martinod.

O xurado de Planeta GZ composto por Ana David, Lúa Ribeira e Nico Combarro concluíu que o Premio Galiza á mellor curtametraxe galega a En la Boca da Mina, de Brandán Cerviño. O xurado  concédelle unha mención especial a Rexistros (Xeografía de San Sadurniño), de Adrián Canoura

O xurado de Penínsulas composto por Ana David, Lúa Ribeira e Nico Combarro concluíu que o Premio Penínsulas á mellor curtametraxe da sección, patrocinado por RC Service é para Urpean Lurra, de Maddi Barber. Hai unha mención especial a Leyenda dorada, de Chema García Ibarra e Ion de Sosa

O Xurado Novo, composto por Iria Loira, Ana Díez, Aldara Pagán, Breogán Martínez, Antía Carreira, Andrés Sanjurjo e Manuel Blanco concédelle o Premio do Xurado Novo á mellor curtametraxe a Mensch Maschine or Putting Parts Together, de Adina Camhy, da sección Explora.

O Xurado CREA, composto por Toño Chouza, Gael Herrera e Rafa de los Arcos concédelle o Premio CREA á Mellor dirección galega a Lucía Estévez por Arrolo.

O Xurado Agag, composto por Andrés Castro, Sara Gómez e Paulo Rubal concédelle o Premio AGAG ao Mellor guión galego a Limbo, de Dani Viqueira. O xurado outórgalle tamén unha mención especial a 16 de decembro, de Álvaro Gago.

O Xurado CAMIRA, composto por Marta Pérez Pereiro, Eloy Domínguez Serén e Antonio M. Arenas concluíu que o Premio CAMIRA á Mellor curtametraxe é para Operation Jane Walk, de Leonhard Müllner e Robin Klengel. O xurado quere concederlle tamén unha mención especial a La Bala de Sandoval, de Jean-Jacques Martinod.

O Premio #OutraCompostela é para Verstand Projekt, de Aida Raíndo Vázquez, Mauro Méndez Martínez, Alba Pose Castro, Martín Mondragón Rivadulla e Josep Cabo González. A mención especial de #OutraCompostela é para Exeria, de Xoán Fernández Diz, Miguel González Fernández, Lucía Ramiro Taboada e Laura Soutullo García

Comentarios