AXENDA

Algunhas propostas para unha fin de semana diferente

Fotograma de Sempre Xonxa
photo_camera Fotograma de Sempre Xonxa

Homenaxe a Virxinia Pereira

A Estrada

Diversos espazos

23.12.2019

Co gallo do 50 cabodano de Virxinia Pereira, a Asociación Cultural Vagalumes vai lembrar esta muller estradense que pagou co exilio e o espolio dos seus bens o seu compromiso coa causa do nacionalismo galego e a defensa da democracia. Comeza cunha ofrenda floral na súa tumba no cemiterio da Estrada ás 17 horas, e, logo, ás 20.30 horas, na sala de exposicións do MOME, un acto de lembranza para dar a coñecer a vida e pensamento desta muller por parte de diversas persoas especialistas.

Fraguas e as Postais de Nadal

Compostela

Museo do Pobo Galego

Até 31.12.2019

A Biblioteca do Museo do Pobo Galego organiza unha pequena exposición na que se amosa un dos aspectos máis persoais do arquivo de Antonio Fraguas, cunha escolma das postais de Nadal que se gardan entre a súa correspondencia, de persoeiros como Ben-Cho-Shey, Francisco Fernández del Riego, Josefina e Teresa Castelao, Antón Patiño, Isaac Díaz, entre outros. A mostra, situada na entrada ao claustro do Museo, estará aberta até finais deste ano.

XIV Festival Rebulir

Ramirás

Polideportivo O Picouto

19-22.12.2019

Dentro dunha extensa programación, contarán coa participación dos Premios Rebulir 2019 Rosa Cedrón, A. Durán (Morris) mais Coral da Ruada.

Proxección

Betanzos

Lar da Unta

19.12.2019

20 horas

Visionado do filme, con introdución a cargo de Marcos Nine, unha homenaxe ao primeiro cinema galego, ópera magna de Luciano Manuel Piñeiro Martínez.

Ferreñas e rock

Carballo

Biblioteca Rego da Balsa

20.12.2019

19 horas

Inauguración da exposición e presentación do libro, unha crónica ilustrada das nosas músicas, con Laura Romero e Iria Pedreira (autoras), mais Xurxo Souto e Xosé Regueira.

Concerto

Pontevedra

Pazo da Cultura

21.12.2019

20.30 horas

Carlos Núñez, referente da música celta, reivindica desde hai máis de dúas décadas a importancia da nosa música popular.

Obradoiro

San Sadurniño

Casa da Xuventude

21.12.2019

12 horas

"O tecido da memoria" é un obradoiro dirixido pola artista e deseñadora de moda Melania Freire, un taller concibido para público feminino.

Presentación

Carballo

Casino 1889 

22.12.2019

12 horas

O escritor Manuel Miragaia presenta o seu último libro Galeguia, unha obra de poemas que xira arredor das relacións históricas entre a Galiza e Portugal.

Recital

Negreira

AC Gazafelhos do Val

22.12.2019

12 horas

Fotografía, poesía mais vídeo da man do poeta Manuel López Rodríguez e do videocreador David Ferrando Giraut.

Comentarios