QUE FACER?

Teatro, música, danza: algunhas alternativas para non ficares na casa

Eis algunhas citas para a fin de semana na Galiza.

guadi galego
photo_camera Guadi Galego

Sexta feira 22 de abril.

Compostela, Teatro Principal. 22 horas. Guadi Galego. Volta á capital da Galiza para apresentar o seu último traballo, Lúas de Outubro e Agosto.

Carballo, Pazo da Cultura. 21 horas. Festival Primavera en Danza. Féchao a compañía de Mar Gómez, con 20 de anos de traxectoria profisional ás súas costas. Teatro, danza e humor mestúranse no espectáculo.

Sábado 23 de abril.

Ferrol, Teatro Jofre. 20.30 horas. Presidente. Un espectáculo de Teatro do Morcego. Unha campaña na procura dos votos sobre o escenario. Moi propio das calendas pre-eleitorais nas que nos achamos.

Betanzos. Aula Municipal. 20 horas. Ibuprofeno Teatro apresenta O Furancho, un espazo carregado de "agroglamour" que vén da man de Isabel Risco e Marián Bañobre.

A Coruña, Sala Le Club. 22.30 horas. Miguel Costas pon sobre o palco o seu último CD, No me cuentes tu vida. Un dos imprescindíbeis do rock galego.

Odivelas (distrito de Lisboa).  Biblioteca Municipal Dom Denis. 17 horas. Primavera da Poesia. Recitais de Poesia e Música Lusófona. Con Carla M. Poeta Maldita, Delmar Gonçalves, Goretti Pina e Tonecas Prazeres.

Domingo 24 de abril

Oleiros, Auditorio García Márquez. 12.30 horas. Brinca Vai! De aquí a acolá!, concerto gratuíto de Paco Nogueiras. Hai de todo: cancións, animacións e interpretacións.
 

Comentarios