Alex Sampayo estrea 'Noiteboa', unha traxicomedia arredor das aparencias sociais

Poñan a Ernesto Chao e a Mela Casal nunha cea de 'Noiteboa'. Engadan un pouco de comedia e outro pouco de traxedia adubiadas por Alex Sampayo. Desde o xoves 17 até o domingo 20 no Principal de Compostela.

Noiteboa_05
photo_camera Imaxe de 'Noiteboa'

'Noiteboa' é unha traxicomedia onde nada é o que parece. Nela priman os personaxes e as súas historias. É, por tanto, o traballo interpretativo e de dirección de actores a base para emocionar e buscar a complicidade co espectador. 

Cun elenco de luxo, con Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo, RedRum Teatro lévanos ao Nadal, a esas incómodas datas nas que, case por obriga, nos xuntamos coa familia. Alí, o personaxe de Mela Casal tratará de conseguir que, polo menos, a súa pareza unha familia feliz. E iso dexenera en situacións cómicas e tamén tráxicas. 

O director é Alex Sampayo, máis coñecido no sector audiovisual, onde ten dirixido 'El Internado', emitida por Antena 3 ou 'Padre Casares', 'Terra de Miranda' e 'Valderrei', emitidas pola TVG. Está a piques de estrear a súa primeira longa cinematográfica, 'Schimbare', protagonizada por Candela Peña e Luís Zahera. 

Comezou no teatro da man tamén de RedRum, cun texto da súa propia autoría, 'A Pensión'. Logo virían o musical infantil 'Moito conto', as comedias 'Curriculum Vitae', 'Amor Flexible' e o espectáculo familiar 'Roedores'. 

TRAILER NOITEBOA Santiago from Redrum Teatro on Vimeo.

Comentarios