Que facer?

Aldaolado e Cándido Pazó poñen humor á fin de semana

photo_camera Aldaolado


Acto de presentación da editorial Cousa Nostra

Cambre
Casa da Cultura Vila Concepción
Sábado
19.00h

A Casa de Cultura Vila Concepción de Cambre acolle o sábado 15 de decembro ás 19 horas, o acto de presentación da editorial Cousa Nostra, que nace como motor de expansión  e difusión da creatividade fotográfica na Galiza. O acto estará arroupado por Mercedes Queixas Zas (Secretaria da Asociación de Escritoras en Lingua Galega), Marcos Ferreiro e Alberte Sánchez como editores, así como os autores, e autora, que inauguran esta primeira colección, Simone Maestra, Luís Botana e Carolina Martínez. 

Astronomía accesíbel 

A Coruña 
Casa das Ciencias da Coruña 
Sábado
19.30h

A charla será impartida por Amelia Ortiz-Gil, do Observatorio Astronómico de Valencia e coordinadora de divulgación para España da Unión Astronómica Internacional, dentro do programa Coruña científica: ciclo de astronomía.


Obradoiro sobre xoguete non sexista

Carballo
Biblioteca Rego da Balsa
Sexta feira
18.00h 

Un obradoiro de xoguete non sexista dirixido a todas as familias interesadas en promover a igualdade tamén a través do xogo. As inscricións poden realizarse no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 981700688.  

Contacontos en lingua de signos

A Coruña
Biblioteca Miguel González Garcés
Sábado
12.00h

Historias contadas por membros da FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), destinadas a crianzas de máis de tres anos, oíntes ou xordas. 

Aldaolado

Negreira
A Bodeguilla
Sábado
20.00h

Poesía, humor máis música son os ingredientes principais deste xa clásico dúo que configuran Lucía Aldao e María Lado. 

Paco Nogueiras

Pontedeume 
Casa da Cultura 
Domingo
12.00h

Tamén dentro da programación do festival Treme a Terra, contarán co espectáculo de Paco Nogueiras e a súa Radio Bule Bule. 

Narración oral con Cándido Pazó

Compostela
Carreira do Conde
Domingo
20.15

"Falando quéntase a xente" é un espectáculo de narración oral, historias, contos e humor da man de Cándido Pazó, no Festicult do Mercado de Nadal. 

Festival Internacional de Cinema

Pontevedra
Diversos espazos
Até o domingo

Novos Cinemas é un certame cinematográfico internacional que conta na súa extensa programación con exhibición de filmes, difusión, formación, divulgación e coloquios coas directoras. 


 

Comentarios