Aldaolado: “Como chegamos a Luar? Todo son especulacións”

A dúbida é se o paso do dúo Aldaolado a pasada sexta feira no Luar é un fito na televisión ou na poesía. Dez anos xuntas, María Lado e Lucía Aldao, poesía e humor, son xa un dúo que forma unidade en si mesma.

aldaolado
photo_camera aldaolado

-O seu paso por Luar é un fito na poesía ou na televisión?

Polo de agora é unha anécdota, aínda é pronto para valoralo. Ao meu ver está moi ben que o Luar se preste a levar un espectáculo de poesía. Sabemos o que costa vendelo nos bares co cal está fantástico que se poda ver na televisión. Tomámolo con moita alegría. Agora custará menos convencer de que a poesía é divertida. Nos recitais sempre diciamos que queriamos ir ao Luar e debe ser que de tanto desexalo... 

-E como chegan dúas poetas ao Luar?

Pois porque nos chamaron. A ciencia certa non sabemos. Coñecían o que faciamos, posibelmente nos teñamos cruzado nalgún momento. Todo son especulacións. A nós pásanos cousas moi raras. Nunha ocasión vendín un coche nun recital. Facía un poema ao un coche e, no fin, preguntaba se alguén quería mercar un vello que tiña. E vendino! O de Luar debeu ser unha cousa así... 

-E vai e fan o seu número coa súa versión bilingüe de “Lingua proletaria do meu pobo”...

O importante do número é o “speech” inicial que é a razón pola que naceu. É polo que nos coñece máis xente. Se vas a youtube comprobas que é o máis visto de Aldaolado. A realidade da que fala, o da imposición do galego, vai máis alá de Galicia Bilingüe que, por outra parte, está en horas baixas.

Podes ler as conversa íntegra no número 155 do semanario en papel, á venda xa nos puntos de venda habitual e na nosa loxa. 

aldaolado

Comentarios