Alberto Ramos gaña o ‘García Barros’ con ‘Máscaras rotas para Sebastian Nell’

O xurado destacou “a gran orixinalidade estrutural da obra”, a través da cal se conta a vida do protagonista, o actor Sebastian Nell.

Alberto Ramos
photo_camera Alberto Ramos

O xornalista e escritor compostelán Alberto Ramos gañou a XXVI edición do premio de novela ‘Manuel García Barros (Ken Keirades)’ coa súa obra ‘Máscaras rotas para Sebastian Nell’. O xurado destaca a “gran orixinalidade estutural da obra e a densidade humana humana que resulta da caracterización do seu protagonista”, un actor inglés nas súas últimas horas.

  Os membros do xurado destacan, ademais, a capacidade para aunar diferentes estilos que conxugan o narrativo co xñenero da entrevista. Un relato no que o protagonista lembra as luces e sombras da súa vida, amosando “todo un mundo de miserias personais e profesionais, de envexas e de iras que trazan un retrato intenso e non sempre agradecido do difícil universo do teatro e do espectaculo”.

A súa obra ‘Máscaras rotas para Sebastian Nell’ impúxose a outros 32 traballos que se presentaran a concurso. Como galardón, o autor recibirá 9.000 euros en metálico e verá publicada a obra nos vindeiros meses coa Editorial Galaxia. Malia a súa xuventude, anteriormente publicou Dor pantasma(2006); Con acuse de recibo (2010); e Todos os días (2013).

Comentarios