Albert Pla inicia xira en Galiza afirmando que mataría "a Podemos e todas as plataformas"

O polémico cantautor visitará A Coruña e Pontevedra a comezos de outubro, e lanza xa as súas primeiras provocacións ao tempo que afirma que "se contase" todo o que fixo nas súas visitas a Galiza "estaría no cárcere".

pla-crop
photo_camera Albert Pla, á dereita.

O músico catalán Albert Pla leva 25 anos de carreira marcada por letras que, desde a retranca e a sátira, rexeitan todo tipo de poder. Agora, ante a proliferación de plataformas cidadás e grupos como Podemos, o cantante amósase rotundo: "Mataríaos a todos antes de que empezasen a facer dano".

O autor de temas como  'Carta al Rey Melchor' sabe das polémicas ocasionadas por algunhas das súas cancións, as súas declaracións -dixo que lle daba "noxo" ser español- ou até os seus espectáculos, como o recente 'Manifestación', no que se ve atrapado nunha movilización permanente.

O catalán, ao que lle dá "noxo" ser español, cre que hai que acabar con eses movementos "antes de que comecen a facer dano"

Así, e porque asegura que lle dá "medo" calquera político, expresa o seu actual temor aos colectivos asemblearios que apostan estes días por unha democracia participativa e reivindican máis poder cidadá. "Mataríaos antes de que empezasen a facer dano, sabes?", expuso nunha entrevista concedida a Europa Press coincidindo co inicio dunha nova vira, que lle traerá a Galiza esta mesma semana, o xoves na Coruña e o venres en Pontevedra.

Pla explicou a súa decisión de comezar os concertos en Galiza porque considera que "debe de cadrar". "Como é o que me cae máis lonxe, fago o camiño de Santiago, pero ao revés", reflexiona. "En Galiza xa teño o suficiente como para contar unha vida enteira", confesa, malia negarse a dar detalles destas experiencias. "Se se publicase, estaría no cárcere", di.

Comentarios