O Albariño abre agosto cun concerto da OJG con Auserón, Carmen París e Carmona

A Festa do Albariño, un dos pratos fortes do verán galaico, comezan este ano cun concerto moi especial. Trátase da Orquestra Jazz de Galicia con media ducia de convidados estrela: Santiago Auserón, Carmen París, Josemi Carmona, Nastasia Zürcher, Lilaina e Wöyza.

orquestrajazz
photo_camera Presentación da OJG en Vigo en 2015 no Imaxina Sons [Foto: Óscar Martínez]

O espectáculo titúlase 'Coupage', xogando con esta palabra do argot vinícola que define a práctica de seleccionar e mesturar uvas de diferentes partidas ou colleitas coa fin de unificar as súas cualidades e lograr un caldo novo e mellorado. 

Con estas premisas aplicadas ao reino da música, a Orquestra de Jazz de Galicia -dirixida por Pedro Lamas- unirá o seu caldo a convidados do talle de Santiago Auserón, Carmen París, Josemi Carmona, Nastasia Zürcher, Lilaina e Wöyza. Trátase dun espectáculo único que terá lugar o 2 de agosto na Praza de Fefiñáns, e de balde. 

Segundo a directora do espectáculo, Rosa Bugallo, "o Albariño ten unha carga de identidade moi grande e é importante que se acompañe de produtos culturais de calidade". A festa maior de Cambados continúa con outros concertos como Sondeseu, The Waterboys, Best Boy, Heredeiros da Crus, Noite Fechada e moitas outras actividades. 

Comentarios