luns 20.01.2020

Alba María presenta "Cabaleira", o primeiro videoclip de “Aínda”

O primeiro videoclip do seu primeiro disco chámase “Cabaleira”. Alba María xa fai circular na rede a primeira presentación audiovisual dunha das súas cancións mentres continúa a xira con novos concertos. 

Alba María
Alba María

O sábado 18 no Multiusos da Xunqueira de Redondela, dentro da Rede de Músicas Soltas e a sexta feira 24 no Círculo Recreativo Cultural do Porriño son as datas dos vindeiros concertos de Alba María na xira de presentación de “Aínda”, o seu primeiro disco. Neste tempo de promoción, a cantante vén de presentar “Cabaleira”, o primeiro videoclip que xa rula polas redes na que a voz de Alba María vén acompañada da súa banda composta por 

“Vencer, vencer perdendo a guerra. Vencer contando as infeccións, botando pus, coiraza-costra. Vencer comprendendo que loitamos por terra, mar e papel. Vencer, vencer, l’amour est un oiseau rebelle”, é o retrouso desta primeira canción que forma parte de Aínda, o cd no que tamén se inclúe o tema “Habaneira de Berlín” coa que gañou o “I Certame de Canción de Autora do Concello de Teo”. 

Alba María presenta "Cabaleira", o primeiro videoclip de “Aínda”
comentarios