Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Miguel Hernández 2020

A poeta galega foi galardoada pola súa obra Atlas (Galaxia, 2019).

 

alba Cid

A poeta galega Alba Cid foi galardoada co "Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2020" pola súa obra Atlas, segundo informou o Ministerio de Cultura e Deporte, que concede este galardón, dotado con 20.000 euros.

O xurado elixiu esta obra "por constituír unha reflexión sobre como a literatura elabora mapas da realidade e sobre o valor moral que pode ter a literatura como problematización do mundo".

"É poesía tanto do coñecemento como da emoción, e presenta unha nova cartografía na que se funden o mapa do corpo co do planeta, a memoria e o enigma", sinala o xurado que destacou que é unha obra "escrita coa lóxica do asombro e chea de referencias culturais que se contemplan desde unha mirada excéntrica que fermenta en rebeldía".

Alba Cid (Ourense, 1989) é poeta e investigadora en poesía contemporánea. Participou en volumes como Poética dá casa (2006) e na antoloxía de Apiario No seu despregar (2016).

Os seus poemas foron traducidos ao castelán, grego, inglés e portugués. 

Comentarios