AJA lembrará o día 10 de maio a primeira audición de 'Grândola, vila morena' en Compostela

A Associaçao José Afonso retransmitirá unha conversa con Francisco Fanhais, amigo do músico e presidente da entidade.

A memoria de Zeca na rúa
photo_camera A memoria de Zeca na rúa

Para conmemorar o concerto celebrado o día 10 de maio de 1972 no Burgo das Nacións, en Compostela, onde se di que José Afonso interpretou por vez primeira a canción de Grândola, vila morena, que depois serviu de sinal para a Revoluçom dos Crâvos en abril de 1974, a Associaçã​o José Afonso manterá unha conversa co Francisco Fanhais, presidente da AJA e amigo de José Afonso.

A actividade terá lugar o domingo 19 de maio ás 19 horas (18 horas en Portugal) e poderá seguirse na canle de Youtube da AJA Galiza.

Francisco Fanhais naceu en 1941 en Praia do Ribatejo (Portugal) e é foi unha das persoas activistas contra a ditadura en Portugal a través da música e das letras comprometidas.

Esta oposición ao réxime salazarista provocou que tivese que marchar a Francia en 1971, cando se fai militante de Luar. Alí comparte vivencias con José Afonso, que iría a París a gravar o disco Cantigas de maio, das que falará nesta entrevista-debate, ademais das súas visitas a Galiza tamén na clandestinidade.

Fanhais volveu a Portugal após o día 25 de abril de 1974 e colaborou coas campañas de dinamización cultural do Movimento das Forças Armadas. En 1975 participou na gravación do disco República, con José Afonso, e tamén no disco Ao Vivo no Coliseu. Na actualidade é o Presidente da Associaçã​o José Afonso.

Comentarios