Esta sexta feira

A Agrupación Cultural O Galo homenaxea Manuel María

No acto entregarase un cartafol artístico, da autoría de Nolo Suárez, á Fundación Manuel María

Manuel María, á beira do Miño en Outeiro de Rei. Maio de 1994.
photo_camera Manuel María, á beira do Miño en Outeiro de Rei. Maio de 1994.

O legado de Manuel María continúa a estenderse por toda a Galiza. Esta sexta-feira, ás 20:30h, no Espazo eno-cultural Vide vide! a Agrupación Cultural O Galo organiza unha homenaxe en lembranza ao poeta. No acto entregarase a Saleta Goi (viúva do homenaxeado e presidenta da Fundación Manuel María) e á Casa-Museo Manuel María un cartafol artístico da autoría do pintor Nolo Suárez, actualmente vicepresidente da Agrupación Cultural Galo. Por outra banda, Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, falará sobre o legado do poeta da Terra Chá e tamén se proxectará un audiovisual sobre a súa vida.

A Agrupación Cultural O Galo é unha das entidades culturais en activo máis antigas da Galiza, da que o propio Manuel María foi colaborador. 

Comentarios