Sermos Galiza 227

Agora si Valle-Inclán

O 2017, 151 aniversario do seu nacemento, si vai ser o auténtico ano Valle-Inclán grazas á liberación de dereitos de autor que deixa sen valor a prohibición da familia de ser representado en galego. Así que o autor arousán será a estrela das táboas neste ano que entra. Deixamos un extracto da reportaxe que publicamos ao respeito no Sermos Galiza 227.

VALLEINCLAN

Non foi polas boas pero foi. Logo de décadas de prohibición por parte da familia, os dereitos de autor caducan aos 80 anos do seu pasamento, e a liberación faise efectiva o vindeiro día 1 de xaneiro. Este feito administrativo define a vindeira temporada teatral, que vén protagonizada por textos de Valle: o primeiro espectáculo en estrearse será A cabeza do dragón, a cargo de Producións Excéntricas, dirixido por Quico Cadaval; e a segunda produción será a cargo do CDG, que sairá a escena con dúas pezas da triloxía Martes de Carnaval: A filla do capitán e As galas do defunto.

culturaLogo dun ano 2016 no que se celebraba o 150 aniversario do nacemento do autor e que pasou sen pena nin gloria -e desde logo sen ser representado no seu país natal- 2017 vén cheo de Valle. A directora do CDG, Fefa Noia, enfócao desde unha óptica positiva: “Así o 150 aniversario vai durar dous anos. Neste ano falouse e tematizouse Valle dentro do posíbel e, ao ano seguinte, vai ter repercusión na escena. Hai algo de valleinclanesco neste feito, xusto no seu aniversario non podiamos representalo, pero ao ano seguinte si”, di entre risos.

[Podes ler esta información íntegra no Sermos Galiza 227, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios