Agadic mete tesoira nas axudas ás industrias culturais e ao audiovisual

Os 2.900.000 do pasado ano quedan en 1.100.000 nesta convocatoria da AGADIC para o sector audiovisual. No teatro, produción, distribución e salas privadas reducen axudas públicas de 1.290.000 a 930.000. A AGADIC mete tesoira a fondo nas axudas públicas para as industrias culturais. 

Toma de posesión Sutil, novo director AGADIC
photo_camera O conselleiro Jesús Vázquez e Sutil, director de AGADIC

AGADIC continúa coa súa política de recortes nas convocatorias de subvencións e, despois do audiovisual, mete tamén a tesoira no apartado de industrias culturais que queda reducido case un terzo con respecto á convocatoria do pasado ano.  

De 1.290.000 a 930.000 euros é a redución que sofrirá o mundo do teatro na liña de axudas oficial da Xutna. Desta volta, AGADIC destinará 510.000 euros á actividade escénica en dúas anualidades, 70.000 a salas de teatro e artes escénicas privadas e 350.000 á distribución. 

A diminución de axudas ás producións e distribucións teatrais e espazos escénicos súmase á redución que vén de sufrir o audiovisual na convocatoria publicada pola AGADIC. Dos 2.900.000 euros que o sector recibiu en 2012 nunha única convocatoria pública, desta volta quedará en 1.100.000, repartidas en tres anualidades, unha merma que sitúa ao sector nunha posición crítica. Desta contía, 950.000 destínanse a longametraxes de ficción e 150.000 a documentais. A Agadic recuperou a liña de axudas ao talento, mais dotadas só por 66.000 euros máis a de desenvolvemento, por un total de 150.000 euros. 

Comentarios