O Ballet de Moscova paga as consecuencias da invasión rusa: Abanca censura a súa xira na Galiza

Afundación de Abanca, organizadora dos eventos, toma esta decisión "a consecuencia da traxedia que se está a vivir no leste de Europa".
Actuación en Valdepeñas, Xaén, do Ballet de Moscova, o pasado mes de outubro (Foto: Europa Press).
photo_camera Actuación en Valdepeñas, Xaén, do Ballet de Moscova, o pasado mes de outubro (Foto: Europa Press).

O departamento de prensa de Afundación-Obra Social Abanca vén de informar da cancelación da xira programada na Galiza polo Ballet de Moscova e The Russian State Ballet.

Nun breve comunicado, a entidade sinala que toma esta decisión "a consecuencia da traxedia que se está a vivir no leste de Europa".

Deste modo, quedan suspendidas as actuacións previstas en marzo, co ballet A bela dormente, e maio, con O lago dos cisnes.

As actuacións ían decorrer no Teatro Afundación de Vigo, a Sede Afundación de Pontevedra e o Auditorio Abanca de Compostela, mais agora as tres foron canceladas.

Con todo, Afundación salienta que, "en todos os casos, Ataquilla procederá á devolución do importe correspondente".

Comentarios