A AELG honra o dramaturgo Euloxio R. Ruibal

Recibirá a homenaxe O Escritor na súa Terra, que chega este ano á súa XXX edición.
Euloxio R. Ruibal. (Foto: Xan Carballa)
photo_camera Euloxio R. Ruibal. (Foto: Xan Carballa)

A homenaxe O Escritor na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXX edición, recaendo nesta ocasión na figura de Euloxio R. Ruibal, que será a figura homenaxeada en Santiago de Compostela este sábado 15 de xuño de 2024.

A iniciativa constituíse ao longo de tres décadas nunha celebración na que a terra de acollida da persoa homenaxeada ten unha presenza fundamental. É vontade da asociación honrar escritoras e escritores procurando o contacto directo e a implicación persoal na xornada.

Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica), a plantación dunha abeleira -árbore simbólica elixida polo propio autor- e a colocación dun monólito conmemorativo. 

Euloxio R. Ruibal

Ruibal é un dramaturgo fulcral na historia do teatro galego e un dos autores dramáticos máis frutíferos do país. A súa obra resultou fundamental para a creación da nova dramaturxia galega que se abriu camiño a partir de finais da década de 1960  principios da de 1970 e que desembocaría no nacemento do teatro profesional galego.

Integrado desde moi novo na escena teatral compostelá, entrou a formar parte en 1961 de Ditea, acrónimo de Difusión do Teatro Afeccionado, da man do actor e director Juan Jesús Valverde, e alí dirixiu en 1967 a súa primeira obra, Asia, de Henri René Lenormand.

En 1973 participou na primeira Mostra de Teatro Abrente de Ribadavia, e resultou gañador do concurso de textos teatrais en galego con Zardigot, obra considerada fundacional do teatro galego contemporáneo. 

Máis en CULTURA
Comentarios