A AELG desvela os nomes d@s finalistas para os seus premios

Vinte e sete obras compiten ás distintas categorías dos premios que cada ano concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que desta volta chegan a súa décimo quinta edición. Entregaranse no Teatro Principal de Pontevedra o próximo 3 de maio, na Gala das Letras. 

A AELG presenta a Escola de Narrativa en Lugo

Máis de catrocentos socios e socias da AELG participaron na elección das persoas e obras finalistas dos distintos galardóns que a AELG concede cada ano e serán tamén quen decida quen levarán finalmente os premios que se entregarán o 3 de maio na Gala das Letras que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra.

Ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística son as distintas modalidades da convocatoria da AELG que, para as dúas últimas, conta coa participación de membros de Gálix e do Colexio de Xornalistas.

Son finalistas polas diversas categorías:

Blog Literario

Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
Criticalia, de Armando Requeixo
Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández

Ensaio

A revolución non vai ser televisada, de Rebeca Baceiredo (Euseino? Editores)
Estilística da Lingua Galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato (Xerais)
Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez (Xerais)

Literatura Infanto-xuvenil

A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo (Xerais)
A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar (Biblos)
Todos somos, de Marcos Calveiro (Xerais)

Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2013

Ana Romaní
Carme Vidal
Fran P. Lorenzo
Iago Martínez
Montse Dopico

Narrativa

A lúa da colleita, de Anxos Sumai (Galaxia)
A memoria da choiva, de Pedro Feijoo (Xerais)
O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila (Galaxia)

Poesía

Habitación do asombro, de Miguel Anxo Fernán-Vello (Espiral Maior)
Ningún precipicio, de Olalla Cociña (Toxosoutos)
Raíz da fenda, de Berta Dávila (Xerais)
Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes (Alvarellos Editora)

Teatro

Isóbaras, de Gustavo Pernas (Xerais-Xunta de Galicia)
O refugallo, de Paula Carballeira (Xerais-Xunta de Galicia)
Obras Completas (Vols. I, II e III), de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas)

Tradución

Desgastei cadeas estrañándote, de Ahmed Arif, traducido por Pepa Baamonde e Irfan Güler
(Espiral Maior)
Ulises, de James Joyce, na tradución de Antón Vialle, Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Xavier Queipo (Galaxia)
Viaxe ao futuro. Relatos de ciencia ficción, VV. AA., en tradución de Alejandro Tobar (Vicens
Vives)

Recoñecementos da directiva 

Nun ano no que a AELG fai ao teatro protagonista dos seus galardóns, na Gala das Letras entregarase premio a Institucións Culturais ao proxecto Buxiganga, á Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, á Área de Cultura de Deputación da Coruña, polo Premio de teatro Rafael Dieste e aos concellos de Narón e Tui polo esforzo na promoción das artes escénicas. O premio"Mestras-es da Memoria" 2014 irá destinado a Elba Requeijo e Xavier Blanco, pola súa dedicación á transmisión da cultura popular. O vasco Bernardo Atxaga será recoñecido como Escritor Galego Universal.

A distinción “Bos e Xenerosos” recoñecerá nesta edición á xente do teatro por “mater vivos os nosos escenarios nun momento en que os recortes afectan de maneira especial ás programacións culturais”. A compañía Sarabela Teatro como agrupación profesional, Achádego Teatro de Lugo, en teatro amador, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en representación da profesión e á Editorial Laiovento e o proxecto Casahamlet como iniciativas privadas.A AELG desvela os nomes d@s finalistas para os seus premios

Comentarios