AELG e a asociación de editor@s recuperan o Día de Rosalía no seu calendario

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (ALEG) e a Asociación Galega de Editores publican de maneira conxunta un “Calendario profesional do libro e a lectura” que recupera o Día de Rosalía, eliminado do calendario oficial da Xunta. 

Calendario
photo_camera Calendario

O 24 de febreiro é unha das 35 datas que o “Calendario profesional do libro e a lectura” recolle para o ano 2014. O “Dia de Rosalía de Castro” volve estar sinalado despois de que o “Calendario do Libro e a Lectura” distribuído pola Consellaría de Cultura o eliminase das datas a celebrar no ano. 

A AELG e a AGE botan a andar de maneira conxunta un calendario no que se recollen 35 datas relacionadas co mundo do libro e a literatura. Desde o Día da Ilustración do 30 de xaneiro até o Día da Edición do 17 de decembro, o Calendario inclúe desde as feiras do libro, até citas e certa,es anuais de relevancia como o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Gala das Letras, O Escritor na súa Terra, Viñetas do Atlántico, Día Internacional da Tradución, Día da Biblioteca, Culturgal ou o Día da Edición ademais de eventos internacionais nos que o mundo editorial e creativo galego están presentes como o Salón do  Cómic de Barcelona, Liber ou Feira do Libro de Fránkfurt.

Da autoría de Fausto Deseño Asociados, o calendario ten como obxectivo promover e coordinar conxuntamente as distintas celebracións arredor do libro e a litertura. Está disponíbel na páxina web da AELG. 

Comentarios