A AEG súmase á petición de alongar as Letras Galegas de Carvalho Calero até 2021

A Associaçom de Estudos Galegos (AEG), require á Real Academia Galega e á Consellaria da Cultura que prolonguen o programa de actividades pola actual situación de crise sanitaria.
carvalho calero
photo_camera Carvalho Calero

A entidade cultural reintegracionista Associaçom de Estudos Galegos (AEG), vén de demandar, a través dun comunicado, que a Real Academia Galega e a Consellaria da Cultura adopten a resolución de prolongar o programa de actividades de divulgación do persoeiro homenaxeado este ano coas Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero.

Segundo a AEG, sería unha “medida indispensável” para “reparar umha omissom de homenagem e reconhecimento públicos injustificadamente postergados durante largos anos” mais tamén “possibilitariam a aproximaçom da cidadania galega de um legado lingüístico e literário, o de Carvalho Calero, fundamental para hoje revitalizarmos a língua autóctone da Galiza, prestigiarmos a sua literatura e internacionalizarmos a sua cultura”, aseguran.

Comentarios