martes 21.01.2020

Adolfo Caamaño gaña o VII Certame de poesía Manuel María

Con 'Cartograma para contido primixenio'. O premio está convocado pola Casa de Galiza en Gipuzkoa.

Adolfo Caamaño gaña o VII Certame de poesía Manuel María

'Cartograma para contido primixenio', de Adolfo Caamaño Vázquez, é a obra gañadora da VII edición do Certame de poesía en lingua galega 'Manuel María', convocado pola Casa de Galiza de Gipuzkoa. Está dotado con 400 euros.  Casa de Galicia en Gipuzkoa resérvase os dereitos de publicar calquera dos traballos presentados ao concurso na forma ou no medio que estime axeitado

'Lintel', de Manuel Antonio Piñeiro, obtivo o segundo premio; e baixo o lema 'A miña pel en tatuaxes', de Francisco Javier Fernández, está o terceiro premio. 

comentarios