venres 18/09/20

Adiada a Gala do Libro Galego

As entidades organizadoras da Gala do Libro Galego 2020 inorman a través dun comunicado que adían este acto por mor da actual pandemia de coronavirus.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Federación de Librarías de Galicia (FLG) e Asociación Galega de Editoras (AGE), acordaron, “debido á situación actual e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias”,adiar o evento en principio até outono deste ano.

A organización afirma que dará a coñecer a nova data de celebración e comunicará se se mantén o formato actual en función das circunstancias e cando a situación o permita.

Imaxe de arquivo dunha Gala do Libro Galego
Imaxe de arquivo dunha Gala do Libro Galego
comentarios