A actriz Fely Manzano, premio Mestre Mateo de Honra

A Academia Galega do Audivosual concede o premio Mestre Mateo de Honra á actriz Fely Manzano. 

Fely Manzano
photo_camera Fely Manzano

Actriz de teatro, cine e televisión, Fely Manzano recibirá o premio de Honra Mestre Mateo pola súa traxectoria no mundo escénico e polo traballo no audiovisual galego. 

A aparición nas primeiras teleseries da TVG como Servizo de urxencia, Pratos Combinados, Fíos ou A vida por diante fixo popular a Fely Manzano, unha actriz que se iniciou no teatro e participou tamén en películas como Urxa, A lingua das bolboretas, Lena, La rosa de Alejandría ou Un Franco, 14 pesetas.  Curtametraxes como Coruña imposible, Distrito Picasso ou Alzheimer contaron tamén coa actriz natural de Ourense. 

A actriz recibirá o premio na gala de entrega que terá lugar o vindeiro 12 de abril no Palexco da Coruña. Con anterioridade, a cuarta feira 25 de marzo, a AGE celebrará no Hostal dos Reis Católicos a anual Xuntanza de Candidatos con finalistas das distintas categorías. 

Comentarios