Os actores Xabier Deive e Luís Iglesia volven ao teatro “filosolfando”

Despois de ver que o dúo funcionaba coa longa xira de Sede de Mal, os actores Xabier Deive e Luís Iglesia regresan ao teatro con Filosolfando, unha comedia que se preestrea esta sexta feira día 14 en Pontedeume. 

filosofando2
photo_camera filosofando2

A preestrea de Filosofando será esta sexta feira día 14 ás 20.30 na Casa da Cultura de Pontedeume, a estrea oficial a seguinte, día 21, na Semana de Teatro e das Artes Escénicas de Cee. Os actores Xabier Deive e Luís Iglesia volven subir a escea cunha comedia escrita e dirixida por Avelino González, producida por Boneca Lareta e distribuída por Culturactiva. 

A obra, que e preestrea en Pontedeume esta sexta feira ás 20.30 horas, preséntase como “continuación natural” de Sede de Mal, á maneira de reflexión partillada entre os dous protagonistas, desta volta, sobre “o lado menos sensato”, dunha vida da que xa afondaron na súa parte escura. O tema central das súas conversas será “a existencia”, a partir do célebre aforismo de René Descartes: “penso, polo tanto existo”. 

Filosolfando aterra nos escenarios co aval das máis de 50 funcións e 10.000 persoas de público da súa antecesora que asistiron á obra que xuntaba aos dous coñecidos e populares actores, os dous con longas traxectorias e puntos en común como, por exemplo, a serie Matalobos. 

Comentarios