A Academia de Hollywood, em defesa do portugués

Academia Portuguesa de Cinema tivo que volver votar esta fin de semana para elixir un novo filme que nominar para competir en representación de Portugal nos Oscar. A escollida nun principio, “Listen”, foi recursada pola Academia de Hollywood por non estar máis de 50% do diálogo en lingua non inglesa.

 

'Vitalina Varela'
photo_camera Fotograma de 'Vitalina Varela'

O filme Vitalina  Varela, do realizador Pedro Costa, é o novo representante portugués á categoría de Mellor Filme Estranxeiro, nos Oscar de 2021, informou esta segunda feira a Academia Portuguesa de Cinema.

Esta é a segunda escolla do organismo, despois de Hollywood excluír a candidatura de Listen, de Ana Rocha de Sousa, por non ser maioritariamente falado o filme nunha lingua que non fose o inglés.

Listen, de Ana Rocha de Sousa, fora a primeira escolla da entidade, mais a Academia de Hollywood considerou esa longametraxe non elexíbel ao non cumprir o criterio que esixe que no mínimo 50% do filme presentado sexa falado en lingua non inglesa.

Academia portuguesa tivo que promove votación de emerxencia este fin de semana para nomear outra aspirante. 

Comentarios