A Academia Galega pon na rede a súa colección de retratos de Rosalía

A maioría dos documentos incorporados son fotografías da autora en distintos momentos da súa vida.

rosalía de castro

A Real Academia Galega (RAG) dispoñibiliza en versión dixital a través do arquivo dixital de Galiza os retratos que conserva de Rosalía de Castro (1837-1885). Son 6 imaxes. A maioría dos documentos incorporados son fotografías da autora en distintos momentos da súa vida, como a feita no estudio coruñés de Sellier convertida nunha das imaxes máis coñecidas de Rosalía de Castro.

Rosalía sendo aínda unha moza, no ano 1855, fotografada por Mr. Encausse et Cie -con estudio na rúa do Vilar de Santiago de Compostela- ou a fotografía na que a escritora posa coa familia no exterior Casa da Matanza en 1884 son tamén parte das imaxes.

Comentarios