150 anos da publicación de Saco Arce

A Academia celebra cunha exposición a primeira gramática científica do galego

En 1868, o prelo de Soto Freire deu á luz a primeira gramática da lingua galega elaborada con criterios científicos. A Real Academia Galega conemora os 150 anos da publicación da Gramática gallega de Juan Antonio Saco Arce cunha exposición e unha xornada de homenaxe en Ourense.
 

Juan_Antonio_Saco_y_Arce
photo_camera Juan Antonio Saco Arce. Foto: Galipedia.

O instituto Otero Pedrayo acollerá o 22 de novembro a inuaguración da mostra 150 aniversario da Gramática gallega de J. Antonio Saco Arce, ideada polo académico correspondente Alfonso Vázquez-Monxardín. Conta co patrocinio de Deputación e Xunta.

Ese mesmo día, a partir das 16.30 horas, o Seminario de Gramática da Real Academia Galega organiza unha palestra con “sete voces expertas”, que exporán a biografía de Saco Arce e diferentes perspectivas sobre a obra de 1868. Ás seis, unha mesa redonda moderada polo académico Xosé Luís Regueira porá o ramo coa participación de Francisco Dubert, Xosé Fernández Salgado, Xurxo Martínez e Ernesto González Seoane.

“A Gramática gallega viu a luz en 1868, no mesmo prelo que cinco anos atrás Cantares Gallegos”, explica a Academia nunha nota de prensa, “aínda que a súa popularidade non é comparábel, a obra de Saco Arce é tamén un texto fundador cuxa importancia a Real Academia Galega quere lembrar co gallo desta efeméride”.

Comentarios