mércores 27/10/21

O 'Abril de lume e ferro' de Manuel María chega ao Ágora da Coruña

A peza escrita por Manuel María sobre os acontecementos da revolución galega de 1846 representarase este sábado, con entrada de balde, por veciños de Carral.  

Abril de lume e ferro manuel maría

Este sábado, 22 de outubro, ás 19 horas, representarase no auditorio do Centro Ágora, Acoruña, a peza teatral escrita por Manuel María en 1974, Abril de lume e ferro. A actividade enmárcase nas iniciativas que a Casa-Museo Manuel María ao longo deste ano en diferentes lugares de Galiza.

A obra, que é de entrada libre até completar capacidade, recrea os acontecementos que supuxeron o levantamento liberal e galego de 1846 e que remataron co fusilamento dos oficiais sublevados na fraga do Rei (Carral).

A dramatización teatral será levada a cabo pola compañía da Asociación de teatro e cultura “Abril de lume e ferro”, composta por veciñas e veciños de Carral, que vén representando de maneira continuada, desde hai máis de vinte anos, este exto.

Manuel María consciente do valor didáctico do teatro e da súa capacidade de intervención, escribiu ao longo da súa vida 36 obras de moi distinto formato (farsas, autos, obras infantís…) e de temática moi diferente, na que hai que salientar a ficcionalización dramática de acontecementos e procesos fundamentais da historia de Galiza, como Abril de lume e ferro. 

comentarios