Abre o SonRías Baixas con Soziedad Alkoholika, Lendakaris Muertos e Heredeiros 

O festival de Bueu que ten lugar esta fin de semana é unha aposta por músicas contundentes, cun cartel que inclúe, entre outros La Gran Pegatina, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos, Chotokoeu, Soziedad Alkoholika, Boikot e Poetarras.

sonrias
photo_camera Imaxe doutra edición do festival [foto: PixenlinPhoto / SonRías Baixas]

O Festival SonRias Baixas, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de agosto, comezará a encher mañá quinta feira Bueu de música e festivaleiros coa súa tradicional Festa de Benvida (de balde) que, esta vez, terá lugar dentro do propio recinto do festival. A música dá conta da única banda tributo a Ska-P Gato López e a organización avanza que ‘o público poderá ver sobre o escenario a algúns dos membros de Ska-P ’ acompañando a Gato López durante o concerto. 

Na sexta o protagonismo será para os cataláns La Gran Pegatina (a versión ampliada de La Pegatina), os barbanzáns Heredeiros da Crus, a mítica formación punk Lendakaris Muertos,  a banda catalana de electrónica La Sra. Tomasa e os coruñeses Chotokoeu, que xa levan 10 anos de andar polo mundo coa súa mestura de balkan, rock, swing…

Na noite do sábado subirán ao escenario os uruguaios La Vela Puerca, e dous clásicos do rock estatal: Soziedad Alkoholika e Boikot; ademais dos navarros Vendetta (ska), o punk-folk dos galegos The Skarnivals, o blues de Gold&Colt e o colectivo “arterrorístico” Poetarras.

Comentarios