luns 13.07.2020
Cultura

O xurado do aRi[t]mar anuncia as poetas galegas e portuguesas finalistas e abre a votación do público

As persoas que quixeren participar poderán votar ás poetas a través da web do certame de Compostela até ás 23:59 horas do día 20 de maio. Entre as finalistas están Alba Cid, Filipa Leal, Olga Novo, Gonçalo Fernandes e Carlos Callón.
Certame aRi[t]mar do pasado decembro en Compostela.
Certame aRi[t]mar do pasado decembro en Compostela.

O certame aRi[t]mar Galiza e Portugal da música e da poesía galego-portuguesa, iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Compostela, abre o proceso de votación após a selección das vinte (10+10) poesías portuguesas e galegas nomeadas, entre 115 poemas de 50 poetas, realizada polo xurado da edición 2020.

As persoas que quixeren participar poderán votar ás poetas a través da web do certame de Compostela até ás 23:59 horas do día 20 de maio, e entrarán a participar no sorteo dun lote de libros. 

As poesías galegas que resultaron finalistas desta edición son: A inmersión de Safo, de Alba Cid; Inscricións, de Carlos CallónNas noites de luar, de Carlos da AiraNós somos os países, de Carlos PenelaNosoutros, de Chus PatoMendiga na porta, de Emma PedreiraAzar, de Manuel ForcadelaTremen os tellos da xiadaMercedes Queixas X.C. Domínguez AlberteSíndrome de Stendhal, de Olga Novo e No medio desta paisaxe, de Tamara Andrés

E as finalistas portuguesas son: Sim, eram castanheiros, de A.M. Pires CabralBabel, de Ana Luísa AmaralProjecto político 3: El Corte Inglés, de Filipa LealRisquinho observado à lupa, de Gonçalo FernandesE se fosse proibido abraçar, de José Manuel NevesAs grandes notícias, de Lídia JorgeNesses poemas que ainda não escrevi, de Lília TavaresEstou em tantas esquinas do tempo, de Manuel Afonso CostaEsqueleto do manifesto a Mário Cesariny, de Maria Quintans e Liberdade mais cruel, de Raquel Lima.  

Premio amizade galego-lusófona

Ademais, o vindeiro 24 de abril, véspera da celebración da Revolución dos Caraveis portuguesa, darase a coñecer o premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona, creado para galardoar aquelas persoas, iniciativas ou institucións que se teñan destacado por tender pontes de amizade entre a Galiza e a Lusofonía

aRi[t]mar é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Compostela, pertencente á Consellería de Educación, que ten por obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa Lusofonía. 

Coa organización da Equipa de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de galego e de portugués, durante o ano lectivo trabállanse de forma didáctica os textos e as músicas e, posteriormente, escóllense mediante votación popular online as mellores cancións e poesías editadas en Galiza e en Portugal no ano anterior, neste caso en 2019.

Cancións de 2019

A finais de ano, as gañadoras participarán nunha gala de entrega de premios en Compostela. As cancións premiadas de 2019 xa se deron a coñecer o pasado mes de marzo após perto de cinco mil votos do público e son Despedida, da intérprete galega Sabela, e Catavento da Sé, do portugués António Zambujo

Os seguintes temas máis votados, nos segundos postos, foron os de Guadi Galego por Balada de verán e Miguel Araújo con Talvez se Eu Dançasse; e nos terceiros figuran Baiuca por Fisterra, e Isaura con Uma Frase Não Faz a Canção.

Esta iniciativa fai parte da Rede da GaliLusofonia, "com os objetivos de juntar esforços, coordenar-se e cooperar na difusão de iniciativas encaminhadas a fomentar a nossa língua e cultura comuns no seu espaço natural, a Lusofonia, com grande potencial noutros campos como o económico e o institucional".

comentarios