A poesía tamén padece a crise

Menos dun ano despois de comezar a publicar na rede, o portal poesiagalega.org desenvolvido pola equipa Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) que coordina o profesor Arturo Casas ven de anunciar a eliminación da súa axenda e da saída de novos números da “Revista de poesía”. A razón da crise está na eliminación da convocatoria da Xunta que contribuía ao seu financiamento.

 
Arturo Casas (foto Patricia Santos)
photo_camera Arturo Casas (foto Patricia Santos)

Poesiagalega.org deixará de ter axenda e de publicar novos números da súa “Revista de Poesía”. Así ven de anuncialo a través dun texto publicado na súa propia páxina web titulado “Un final de etapa” no que informan dunha considerábel redución na actualización e incorporación de novos contidos. O portal, iniciativa do GAAP, que atopaba o seu espazo na rede co soporte do portal do Consello da Cultura Galega, contaba cun financiamento a través da convocatoria da Xunta para Programas Sectoriais de Investigación Aplicada: Sociedade e Cultura. Diante da eliminación desas axudas, o grupo poético anuncia que “resulta inviábel manter a unión do equipo e os niveis d eprodución alcanados”.

Despois dun periodo previo de deseño e elaboración, a páxina comeou a andar na rede en xaneiro de 2011 e desde entón, publicáronse 879 rexistros de textos, 383 imaxes, 109 videos ademais de 63 libros ou revistas dixitalizadas. No sector axenda contabiliáronse 695 rexistros e no de noticias 186. En total, nestes once meses de vida dixital, o portal publicou 2.419 fichas, segundo os datos que o propio grupo aporta, converténdose no máis importante repositorio na rede arredor da poesía galega. Tres números da “Revista de Poesía” e catro Dossieres completan o balance do traballo do Grupo Alea de Análise Poética constituído no ano 2009 na Facultade de Filoloxía de Santiago.

Forman parte do GAAP ademais de Arturo Casas, Ana Acuña, Iris Cochón, Lorena Domínguez, José Luis Forneiro, Margarita García, Helena Gonzále, María López Sandez, Isaac Lourido, Laura Mariño, Mª Xesús Nogueira, Montserrat Pena, María do Cebreiro Rábade, Olivia Rodríguez, Iria Sobrino, Dores Vilavedra e Miro Villar.

O índice do que se anuncia como último número da “Revista de Poesía” que ven de ver a luz recolle a tradución dun ensaio de Charles Baudelaires sobre Constantin Guys, un estudo sobre a obra do poeta estonio Andres Ehin, unha análise sobre a fotomontaxe no grupo dadaísta de Berlín e dúas recensións de publicacións poéticas galegas.

Comentarios