Actores, actrices e músic@s voltan ao Gaiás

O desaloxo da Plataforma Galega das Artes Escénicas e Musicais do seu feche no Gaiás non desanimou o sector. Hoxe recibiron aos medios de comunicación na mesma porta de AGADIC.
Despexo Gaiás
photo_camera Despexo Gaiás

A Plataforma non tivo acceso hoxe ás dependencias de AGADIC pola presencia policial mais estiveron no exterior do edificio. Na mesma porta mantiveron varias faixas coa reivindicación do sector.

Haberá ampliación

O desaloxo de onte 

"Convidáronnos a saír polas boas ou polas malas". Mónica Caamaño, membro da Plataforma Galega das Artes Escénicas e Musicais, era das persoas que pensaba ficar pola noite no Gaiás cando a policía recibiu a orde de entrar. "Ameazaron con que se non saíamos sería resistencia á autoridade e non ficou outra que saír". Algunha das persoas foron abaneadas pola policía, entre elas a actriz Luma Gómez.

Salvador del Río, portavoz da Plataforma, asegurou que "diante da actitude da policia" optaron pola resistencia pasiva para que os axentes non tiveran que cargar. "Empurráronnos, iso si". Fóra atoparon un forte cordón de axentes que non @s deixaron até que se afastaron do edificio de AGADIC.

A intención da Plataforma é realizar igual a conferencia de imprensa prevista para hoxe ás 10 horas diante da sede de AGADIC e teñen pensado concentrarse media hora antes na Cidade da Cultura. "É un espazo público, polo que supoñemos que non teremos problemas en acceder", sinalou Mónica Caamaño.

Malia todas as chamadas ao diálogo realizadas nas últimas horas por parte da Plataforma, a única comunicación que houbo foi vía telefónica coa Secretaría Xeral de Cultura. "Dixeron que accedían a unha entrevista, mais negáronse a dicer cando e a nós, deste xeito, non nos vale", asegura o portavoz da Plataforma.

Fotos: Deborah Vukusic

Comentarios