A película “Lira” busca votos para gañar un festival on-line de Bruxelas

“Lira, reserva de vida na costa da morte” participa no Green Up Festival de Bruxelas en que os filmes se poden ver e votar a través da rede. A película pódese ver on-line en galego con subtítulos en francés ou ingles. A produtora Saga convida a ver o filme e votar no concurso internacional.
Imaxe de "Lira"
photo_camera Imaxe de "Lira"

Producida e dirixida por Marcos Gallego, “Lira, reserva de vida na Costa da morte” entra en concurso na primeira edición do Green Up Festival na sección dedicada á auga. Pódese votar até o día 23 de outubro na ligazón do festival, unha plataforma que permite tamén ver a película on-line en galego, podendo escoller a versión subtitulada en inglés ou francés. A produtora Saga, responsábel do film, convida a participar no concurso e ver e votar a película galega.

O film recolle a historia da primeira Reserva mariña de interese pesqueiro, Os Miñarzos, unha iniciativa pioneira nacida despois de que o Prestige enchese o mar de Lira de chapapote. Mariñeiros e mariscadoras son as protagonistas do documental que foi xa proxectado en numerosos festivais de cine ecolóxico, o Cidade de Zaragoza, o Internacional de Films Pêcheurs du Monde de Lorient ou no Film Festival in the Nation´s Capital de Washington.

http://www.greenupfilmfestival.com/en/theme/get/water/lira_reserve_of_life