luns 03/08/20

A música tamén se ve no ciclo "Do Audible"

A música non só se sinte no oído senón tamén se ve. Vertixe Sonora Ensemble leva ao Liceo de Ourense este mércores día 19 o concerto Visións sonoras, dentro do ciclo Do Audible. 

Visión Sonora
Visión Sonora

O concerto Visións Sonoras da Vertixe Sonora Ensemble contará tamén coa participación do neurocientífico José Antonio Lamas ademais do musicólogo Emilio Lede. A proposta percorre as relacións entre a música e as artes visuais, fitando a atención nas presenza de produtos audiovisuais nas nosas vidas. 

Será así, o profesor José Antonio Lamas quen se encargará de introducir ao público na sinestesia, a capacidade para achegarnos á relación entre as distintas experiencias dos sentidos, tons, cores ou sabores. A singular fórmula da iniciativa agudizará non só a experiencia artística senón tamén a reflexión arredor da percepción das diferentes artes a través dos sentidos. 

Palabra, natureza, visión e espazo

A iniciativa toma parte de Do Audible, un ciclo de Vertixe Sonora Ensemble composto por catro concertos (en A Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo) que se articulan arredor da palabra, o visual, a natureza e o espazo. Canda á música, cada un dos concertos ten previsto contar cunha intervención dalgún profesional relacionado co tema para que a reflexión vaia xunto co goce estético. 

Despois do concérto da Vertixe Sonora Ensamble deste mércores día 19 en Ourense, no que se visitarán os compositores Pierre Jodlowsky e Pedro García Velasquez, o ciclo viaxará á Facultade de Belas Artes de Pontevedra o mércores 6 de novembro co intervención do musicólogo Emilio Lede máis o artista Fernando Casás. Para o 13 de novembro está prevista a última cita na Casa do Saber de Lugo oco concerto “Ouvir o espazo” no que, ademais de Emilio Lede intervirá o arquitecto Alfredo Sirvent. Os concertos son de balde até completar a capacidade.

comentarios