AXENDA

A fin de semana está para gozar

xurxo souto
photo_camera Xurxo Souto estrea o seu novo espectáculo dentro da programación da “Rúa dos Contos (FIOT28)

Venres Cativos

Redondela 27.9.2019 Auditorio da Xunqueira 18:00

As Maimiñas abren a nova edición dos Venres Cativos (incluído no proxecto Apego), un programa de actividades en galego para fomentar o uso e a transmisión do idioma.

A gaita de fol no Barroco

Allariz 27.9.2019 Igrexa de Vilanova 20.30h

Nova cita coa música de cámara no concerto “Ensemble Hotteterre no camiño. A gaita de fol no Barroco”, do grupo residente da Fundación Vicente Risco.

Noites de retranca

Pontevedra 27.9.2019 Auditorio Sede Afundación 20.30h

Regresan as “Noites de Retranca” á cidade do Lérez, desta volta con Róber Bodegas, Oswaldo Digon e Dani Boy Rivera xuntos por primeira vez nun mesmo escenario.

O Océano de dentro

Carballo 27.9.2019 Valle Inclán Café Cultura 21.00h

Xurxo Souto estrea o seu novo espectáculo dentro da programación da “Rúa dos Contos (FIOT28)”, unha cosmovisión alternativa de contos do mar.

VIII Festival das Brétemas

Ponteareas 28.9.2019 Feira Vella 21.00h

Subirán ao palco Lésbicas Creando, Zaaf Anuvis, Flow do toxo, A resistência do dedo médio, Pantera Negra, Tamborililás-Batukada Feminista, Mounqup ou TESA.

Tangaranho Rock

Ourense 28.9.2019 Parque da Liberdade 21.00h

Este festival de rock contará coas actuacións de grupos como Pauliña, Foraostias, Bastardos de Rivera e Acidproyect.

Curso de escritura narrativa da AELG

San Sadurniño 28.9.2019 Casa da Xuventude 11.00-13.30h

Neste primeiro encontro será Eva Loureiro Vilarelhe a encargada de dar unha clase maxistral sobre o seu propio proceso creativo e, xa nas seguintes, continuará o escritor ferrolán Henrique Dacosta cunha serie de obradoiros que deu en chamar “A vida: unha narrativa”. Traballarán na Casa da Xuventude de San Sadurniño os sábados 28 de setembro, 5, 19 e 26 de outubro e 2, 9, 16 e 23 de novembro, cun horario de 11 a 13.30h. A proposta forma parte da Escola de Escritor@s da AELG.

Móllate polos ríos

Diversas localidades 29.9.2019

O Proxecto Ríos leva organizando desde o 2008 este día de Limpeza Simultánea en moitos concellos da Galiza. Procura a túa localidade más próxima, achégate e participa.

Pouco a pouco

Compostela Até 6.10.2019 CGAC

“Pouco a pouco” é unha exposición da artista plástica Ângela Ferreira (Maputo, Moçambique, 1958) que se centra nas consecuencias do colonialismo e do poscolonialismo de África e as súas relacións con Europa. Un ollar que vai desde os vestixios arquitectónicos até a arte ou o cinema como instrumentos de emancipación crítica para pensar e poñer en práctica renovadas utopías.

Curtocircuíto 2019

Compostela Até 6.10.2019 Diversos espazos

O XVI Festival Internacional de Cine Curtocircuíto achega a Compostela máis de 130 filmes nunha aposta na calidade artística, a experimentación, as tendencias e a interdisciplinariedade. O programa inclúe a homenaxe ao Equipo Lupa, a preestrea de O que arde, con Oliver Laxe, e un completo programa musical paralelo. Será do 28 de setembro ao 6 de outubro, no Teatro Principal, a Sala Numax, o Salón Teatro, o edificio Abanca en Cervantes, o CGAC, a Sala Capitol e a Biblioteca Ánxel Casal.

Comentarios