A Esmorga

'A Esmorga' ten unha elevada significación simbólica, en todas as ordes, na literatura galega da segunda metade do século XX. Foi orixinada polo asunción consciente dunha realidade nacional negada da que, con desacougo, Blanco Amor fuxira, de mozo, cara á emigración bonaerense. Após unha catarse desexou o regreso á patria, abandonada na procura de salvación nun mundo cosmopolita, e a contribuír ao acervo da nosa narrativa. Na súa xestación xogou un papel moi importante a distancia física e a ollada retrospectiva, dotando de memoria un pasado capaz de revelar os mecanismos de opresión, violencia e destrución nunha sociedade colonial, especialmente contra as clases populares, desde dentro da súa mentalidade. A intensidade compacta esta crónica de 24 horas nunha cidade galega, entre o XIX e o XX, con tres personaxes, no gume da navalla, e o desenlace das súas vidas. 
Retrato de Eduardo Blanco Amor. (Foto: Cedida)
photo_camera Retrato de Eduardo Blanco Amor. (Foto: Cedida)
Amosando e asumindo unha realidade nacional negada A Esmorga estaba xa preparada para se publicar en 1956, e malia intentalo o seu autor, non logrou que aparecera na Galiza, por mor da…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios