A escritora Mariña Pérez Rei, premio artigos xornalísticos normalizadores de Carballo

O artigo “O sotaque de Aurelia” da escritora Mariña Pérez Rei resultou gañadora do IX Prenio de artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo. O artitgo sairá publicado en doce cabeceiras, etnre elas, Sermos Galiza. 

Mariña Pérez Rei
photo_camera Mariña Pérez Rei

O xurado do premio valorou, entre outras cousas, que “O sotaque de Aurelia», de Mariña Pérez Rei ten capacidade de incidencia en públicos amplos e variados ademais da calidade da súa escrita e o abordar un tema de actualidade como foi o despoxo de Aurelia Rei. 

Narradora e poeta, Mariña Pérez Rei gañou con anterioridade premios como o Eusebio Lorenzo Baleirón, o Lueiro Rei ou o Avilés de Taramancos. Entre as súas obras atópanse os poemarios Fanerógama, Apuntamentos par aun cuarto confuso e cambiante ou Paquidermo mentres en narrativa escrivi Canícula, Costa Necrópole ou Contrapicados. 

O premio será entregado o mércores día 15 de maio nun acto púbico no Pazo da Cultura de Carballo que contará coa actuación de Carlos Blanco. Presentáronse 46 textos que foron escollidos por un xurado composto por Belén Puñal, Carlos Callón, Xurxo Chapela e Nel Vidal.

Comentarios