A demisión de Ferrín deixa á vista unha grave crise na RAG de desenlace incerto

En menos de un mes desenvolverase o pleno que deberá aceptar a carta de demisión de Xosé Luís Méndez Ferrín á fronte da presidencia e o seu abandono do posto vitalicio de numerario.O golpe na mesa do escritor abriu o debate arredor da institución e deitou luz sobre unha grave crise interna.
Xosé Luis Méndez Ferrín
photo_camera Xosé Luis Méndez Ferrín


Como reación “desbordada” cualificaron algúns dos académicos a demisión de Ferrín, despois da xuntanza do plenario onde se lle pediron contas á executiva máis unha explicación pública ás acusacións de nepotismo por contratación de familiares. Mentres, outro sector do que forman a corporación de Tabernas, en especial o literario, optou por demandar ao presidente que reconsiderase a súa demisión. Tamén a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (ILG) e o Pen Clube fixeron pública a súa vontade de que o escritor máis recoñecido da nosa literatura contemporánea seguise a presidir a institución da rúa Tabernas.

Se ben é certo que ninguén manifesta ter visto con bos ollos a demisión de Ferrín, non todo o mundo coincide á hora de facer a diagnose da situación. O pleno mostrara dúas posicións distintas e as posteriores declaracións do secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, agudizarían o desencontro.

Toda a información sobre este asunto no número 37 do Semanario Sermos Galiza, xa nos quiosques, unha reportaxe asinada por Carme Vidal, xunto cun artigo de opinión de Pilar García Negro.