A danza salta á rede

A asociación de danza  trasPediante Cultura e mais a Universidade de Vigo organizan esta tarde un programa con clases abertas, performances e outras actividades teóricas que se poderán seguir online para celebrar o Día Internacional da Danza.
2020042911251291617
photo_camera Imaxe de trasPediante, que coordina a programación online polo Día da Danza (Angel Sousa).

Será a partir das 17 horas a través da plataforma Zoom, que fará de escenario dixital para este Día da Danza nas Redes, que coordina trasPediante coa colaboración do laboratorio de danza da Universidade de Vigo Doutras no seu décimo aniversario, ademais da Universidade Carlos III, o Arquivo Online da Danza Contemporánea de Galicia, a Escola Danza Alfaia e o festival FôreFare. 

Após a presentación terá lugar, ás 17.05 horas unha clase de Aula das Artes UC3M, a cargo de Eva Paloma Sanz, que incluirá a primeira práctica guiada de meditación e ioga.

Ás 18 horas haberá unhha clase da Aula das Artes UC3M e FÔRE FARE a cargo de Almudena Rubiato que, baixo o título "Movemento Inconfinable" ofrecerá danza africana con música en directo.

A coordinadora de Danza Alfaia, Paula Quintáns, propón, ás 19 horas, a sesión "Búsqueda de movemento", que durará media hora, xusto antes da lectura, ás 19.30 horas, do manifesto deste Día da Danza, a cargo de Almudena Rubiato e da presentación do proxecto de danza e percusión de África do Oeste FÔRE FARE.

A xornada rematará coa presentación da actualización do arquivo online da Danza Contemporánea da Galiza, comisariado por Manu Lago, e unha performance de Danza Alfaia que dirixirán Paula Quintas e Raquel Oitavén

Para o peche, haberá un Work in progress performance Doutras, o laboratorio de danza da Universidade de Vigo – Campus de Ourense, que dirixirán Begoña Cuquejo e Nuria Sotelo.

Comentarios