A crítica escolle "Arraianos" como mellor película do ano

A película Arraianos, de Eloy Enciso foi a máis valorada pola crítica galega. 21 persoas da crítica e o xornalista escolleron os mellores filmes a convite de Acto de primavera, o blog xestionado por Xurxo González, José Manuel Sande e Martin Pawley.
Rodaxe de Arraianos
photo_camera Rodaxe de Arraianos

A de Eloy Enciso é un dos filmes do novo cinema galego que máis repercusión ten tido en festivais internacionais, a comezar polo festival suizo de Locarno onde foi estreado. Montaña na sombra, de Lois Patiño, Anacos de Xacio Baño e La Brecha de Marcos Nine ocupan os primeiros postos da clasificación.

A recén estreada película de Margarita Ledo A cicatriz branca, ocupa o quinto posto da lista. O premio “Acto de Primavera” escolles as películas máis votadas pola crítica entre os filmes estreados ao longo do ano, e entre elas hai algunhas que foron xa exhibidas en moitos festivais e salas e outras que comezan agora a súa andaina. Os promotores queren, con esta iniciativa, destacar o bo momento creativo que está a vivir o novo cine galego.

En total entraron en votación un total de vinte e oito filmes diferentes estreados neste ano e con autoría galega ou con presenza maioritaria na súa produción. 

Listaxe de películas coa súa puntuación.

1. Arraianos (Eloy Enciso), 67 puntos, 15 mencións.

2. Montaña en sombra (Lois Patiño), 43 puntos, 12 mencións.

3. Anacos (Xacio Baño), 24 puntos, 6 mencións.

4. La Brecha (Marcos Nine), 20 puntos, 8 mencións.

5. A cicatriz branca (Margarita Ledo), 16 puntos, 6 mencións.

6. Dos fragmentos / Eva (Ángel Santos), 15 puntos, 6 mencións.

7. Los increibles (David Valero), 14 puntos, 4 mencións.

8. Nacional VI (Pela del Álamo), 13 puntos, 6 mencións.

9. Goitik behera, behetik gora (Vicente Vázquez, Usue Arrieta), 12 puntos, 5 mencións.

Fóra (Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas), 12 puntos, 4 mencións.

Lupita (Xurxo Chirro), 12 puntos, 4 mencións.

12. El sexo de los ángeles (Xavier Villaverde), 10 puntos, 3 mencións.

13. Vilamor (Ignacio Vilar), 8 puntos, 2 mencións.

14. O apóstolo (Fernando Cortizo), 6 puntos, 3 mencións.

15. Piedad (Otto Roca), 5 puntos, 2 mencións.

Curta nº 3 (Xoán Escudero), 5 puntos, 1 mención.

17. Fantasmas #2 (Ángel Santos), 4 puntos, 1 mención.

8 (Cris Lores, Belén Veleiro, Ian Lorenzo, Liam Lores, Alberte Pagán), 4 puntos, 1 mención. [Ver vídeo]

19. Fraga y Fidel, sin embargo (Manuel Fernández-Valdés), 3 puntos, 1 mención.

En el movimiento del paisaje (Lois Patiño), 3 puntos, 1 mención.

Imágenes secretas (Diana Toucedo), 3 puntos, 1 mención.

22. Á luzada (Xurxo Chirro), 2 puntos, 2 mencións.

Apocalypse (Alexandre Argibai), 2 puntos, 1 mención.

La mirada del pintor (Rubén Pardiñas), 2 puntos, 1 mención.

25. Personal movie (Héctor Carré), 1 punto, 1 mención.

Avión, el pueblo ausente (María Hervera, Marcos Hervera), 1 punto, 1 mención.

Sefa sound system (Sabela Pernas, Sol Álvarez), 1 punto, 1 mención.

Arrevoa os meus cabelos (Olalla Castro), 1 punto, 1 mención.

Comentarios