A Casa-Museo Manuel María inaugúrase o día sete de setembro

Despois de dous anos de obras, a Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei abrirá as súas portas cunha xornada de convívio e unh ahomenaxe literaria e musical histórica, ao congregar a grupos e cantantes que puxeron voz aos versos do poeta. 

Casa-museo Manuel María
photo_camera Casa-museo Manuel María

Será unha xornada de homenaxe e festa a que o próximo día 7 de setembro abrirá a casa chairega na que naceu Manuel María, convertida xa en museo e sede da fundación do poeta. A inauguración oficial da mañá terá continuidade nun xantar de convivio na carballeira de Santa Isabel, espazo de singular relevancia na obra e na biografía de Manuel María. Na tarde erá lugar na horta da casa o concerto colectivo no que se xuntarán grupos e cantantes que interpretaron poemas do autor da Terra Chán, unha cita histórica pola relevancia das agrupacións que compoñen o programa. Xurxo Souto presentará o concerto no que tamén intervirán poetas próximos a Manuel María. 

(Artigo completo no semanario Sermos Galiza n, 55)

Comentarios