'9 fugas', de Fon Cortizo, premiada no Festival de Xixón

O filme estreouse neste evento e partillou o Premio a Mellor Filme co polaco Marygoround, de Daria Woszek, na sección Retueyo
'9 fugas', de Fon Cortizo.
photo_camera '9 fugas', de Fon Cortizo. (Foto: Cedida)

A estrea internacional da película 9 Fugas, escrita e dirixida por Fon Cortizo no Festival Internacional de Cine de Xixón (FICX), recibiu ex aequo o Premio a Mellor Película xunto co filme polaco Marygoround, de Daria Woszek, na sección Retueyos, dedicada ás novas apostas narrativas.

A exhibición online da peza, con límite de visualizacións, chegou a esgotar o número de accesos dispoñíbeis. 

9 Fugas, gravada en galego, parte da banda sonora creada por una orquestra de improvisación dirixida da que xurdiron a historia e as imaxes.

O filme estrutúrase en nove capítulos que son vasos comunicantes a través de que flúe un relato.

Neles, temas como a memoria, o tempo e a opresión van entrelazándose compoñendo un relato que busca enganchar nunha tea de araña de historias.

En 9 fugas Cortizo conta no reparto con Areta Bolado, Ailén Kendelman, Olga Cameselle, María Roja, Lola Quirós, Alfredo Rodríguez, Noelia Castro e Marta Pérez.

Fon Cortizo ten xa no seu haber varias curtametraxes e no ano 2012 gañou o Premio Mestre Mateo a Mellor filme documental por CEF 100%. O director mandou o seu agradecemento ao certame por medio dun vídeo

Comentarios