Inquérito Sermos

57,2 por cento pensa que Galiza é celta

27,5 por cento decántase por considerar que o país é castrexo, segundo a sondaxe de Sermos.

debate9
photo_camera Pepa Rei e Felipe Senén

Clara maioría a prol da identidade céltica da Galiza, de acordo cos resultados do inquérito de Sermos. A sondaxe realizouse para pulsar a opinión da Comunidade Sermos sobre o contido do debate tido no semanario por Pepa Rei -favorábel á opción castrexa- e Felipe Senén -partidario da hipótese celta.

57,2 por cento dos votos recollidos no inquérito foron para avalar a teoría de Galiza ser un país celta, como Irlanda, Escocia ou Gales. Aliás, 27,5 por cento das persoas participantes na sondaxe inclináronse por considerar que Galiza non é celta, senón castrexa. 

15,2 por cento optou por manifestar que non ten unha opinión formada ao respeito.

Comentarios