49 anos do histórico concerto de José Afonso en Compostela: “Foi a experiencia mais maravilhosa”

O 10 de maio de 1972 José Afonso actuaba con Benedito no Burgo das Nacións da capital galega e por primeira vez cantou en público o ‘Grândola’, dous anos antes da Revolución dos Caraveis. Un acto, con presenza de familiares e achegados dos dous cantores, lembrou esta fin de semana aquel acontecemento.

Grandola compostela zeca benedito fotop AJA
photo_camera Unha imaxe do acto (Foto: AJA)

“A primeira vez que cantei Grândola em público foi na Galiza. A malta estusiasmou-se. Criou-se um efecto de fraternidade muito intenso. Punham-se de pé, cantavam, agitavan os braços… Foi a experiencia mais maravilhosa, algo especial. Talvez ninguem me entendesse como na Galiza”. José Afonso lembraba así, nunha entrevista, o que foi aquel 10 de maio de 1972, unha xornada na que actuou no Burgo das Nacións de Santiago de Compostela.

49 anos despois, e no mesmo sitio, que se ben mantén o nome e o ser unha residencia de estudantes pouco ten a ver co que era daquela; lembrouse aquel feito. Fíxoo AJA_Galiza, Associaçom José Afonso, e no mesmo participaron familiares e coñecidos de Zeca e de Benedito, o cantautor galego que fixo aquilo posíbel.

Benedicto, unha das caras visibeis de “Voces Ceibes”, viaxou en abril de 1972 a Setúbal, en Portugal, para coñecer José Afonso e traba amizade con el, sendo o artífice da estreita relación que o Zeca tivo con Galiza, ao ser convidado por el mesmo a realizar unha xira polo país, segundo lembra AJA. “O própio José Afonso manifestou que por intermédio do Benedito, conheceu na Galiza “uma certa forma de resistência ao franquismo. Uma resistência cultural e política”, indican.

mural zeca benedito

O domingo, 9 de maio, na véspera do 49 aniversario do histórico concerto, desenvolveuse no Burgo o ato previsto para o 25 de Abril, mais que tivera que ser adiado, “Vozes da Liberdade”

AJA informou que ao acto asistiron unha representación da familia de Benedito así como achegados do Zeca procedentes de Portugal. Houbo presenza, ademáis, de concelleiros e concelleiras de Compostrela Aberta e BNG, así como da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, que lenbrou que aínda existe unha débeda da cidade para con Benedicto.

Houbo diversas intervención e actuación musicais, así como a inauguración dun mural “de 13 x 2,5 metros inspirado numha fotografia do concerto de vários cantores no Paço de Bendanha no ano 73, no que José Afonso e Benedicto compartírom cenário e microfone”.

No mural colocouse unha placa que referencia daquel concerto de 10 de maio de 1972 no Burgo. O acto fechouse co canto do ‘Grândola’ por parte das persoas asistenets á homenaxe.

Comentarios