Sermos 238

40 anos de cultura caboverdiana na Mariña

Chegaron en 1977 para quedar e, con elas e eles, a súa cultura que -non sen dificultades- fomos coñecendo aos poucos. E vai máis alá de Batuko Tabanka. Á cultura caboverdiana na Galiza lle dedicamos unha reportaxe no Sermos Galiza 238. Eis un extracto.

Os primeiros caboverdianos chegaron a Burela nos anos 70 para traballar nas obras da fábrica de aluminios. Mais unha vez que estivo feita non houbo traballo para eles, así que colleron o que os galegos deixaron: os traballos máis duros do mar. Daquela eran unhas poucas ducias de homes, fundamentalmente, pero as vicisitudes económicas fixeron que a comunidade mermase, logo volvese medrar, e viñeran mulleres e crianzas. Hoxe viven na Mariña entre 500 e 600 persoas de orixe caboverdiana, que seguen a manter viva a súa cultura.

Con todo, nas dúas primeiras décadas, esta cultura estaba oculta no espazo privado e comunitario, dado que había poucos contactos entre as dúas comunidades, limitados ao ámbito laboral ou escolar. A primeira e única intervención pública para favorecer a integración produciuse nos anos 1998- 2000, cando o proxecto europeo BogAvante implementou un plan de intervención social no que a cultura era unha parte da identidade e se converteu nunha ferramenta para a integración.

Nesa época, en 1999, naceu Batuko Tabanka, o grupo de batuqueiras máis coñecido fóra da comarca. desde o ano 78, cóntanos como xurdiu a idea: “Logo de facer uns cursiños de cociña e de corteconfección, xuntámonos para unha cea, tocamos e bailamos, e a dona do restaurante díxonos que o faciamos moi ben, animounos a amosar a nosa música fóra do noso círculo. E logo tamén nos apoiaron desde o Concello e Luzia Oca” [traballadora do proxecto europeo].

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 238, á venda na loxa e nos quioscos e puntos de venda habituais]

Comentarios