31 palabras para Carvalho Calero

A Real Academia Galega culmina a iniciativa pola que diferentes artistas lle dedican unha palabra ao homenaxeado polas Letras Galegas.
Margarita Ledo na súa intervención (RAG).
photo_camera Margarita Ledo na súa intervención (RAG).

Unha palabra para don Ricardo por cada día do mes de maio foi unha das iniciativas da Real Academia Galega para honrar ao mestre e escritor homenaxeado no Día das Letras deste ano.

Agora, rematado o mes, fica na web da Academia un ronsel de voces que contrúen un retrato de Ricardo Carvalho Calero, que aínda agarda polos festexos oficiais do 31 de outubro, data á que se adiou a celebración das Letras pola crise do coronavirus.

"Son intervencións breves que, no seu conxunto, conforman un poliedro de voces, admiracións e afectos", explicaba o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, a comezos de maio.

O académico Salvador García-Bodaño deu inicio coa palabra didáctica e coa lembranza do primeiro Día das Letras Galegas, data histórica en que Carvalho Calero pronunciou unha conferencia sobre a súa protagonista, Rosalía de Castro, e a obra Cantares gallegos.

Na serie participaron os académicos e académicas de número Euloxio Rodríguez Ruibal, Henrique Monteagudo, Margarita Ledo, Rosario Álvarez, Fina Casalderrey, Francisco Fernández Rei, Ramón Villares, Xosé Luís Regueira, Manuel González, Ana Romaní, Andrés Torres Queiruga e o presidente, Víctor F. Freixanes; así como os correspondentes Gonzalo Navaza, Mercedes Queixas Zas, Francisco Cidrás, Goretti Sanmartín e Fernando López-Acuña xunto a Darío Villanueva, Eduardo Maragoto e mais os estudosos da vida e obra de Carballo Calero Araceli Herrero Figueroa, Carmen Blanco, José Luís Rodríguez, Pilar García Negro, Claudio Rodríguez Fer, Pilar Pallarés, Henrique Rabuñal e Martinho Montero.

Comentarios