O Festival, que se celebra en Salvaterra de Miño, é unha dos eventos poéticos de referencia no país, e regresa cunha chea de poetas e os seus cadernos, presentacións e sinaturas de libros, recitais e moito máis.
Os protagonistas serán, coma sempre, as e os poetas, desde Antía Otero, até Emma Pedreira, pasando por Rochi Nóvoa, Emma Pedreira, Ana Romaní, Oriana Méndez, Mário J. Herrero ou Antón Blanco, entre outros.
Máis que poesía
Alén de poetas e poemas, o Festival trae un cumprido programa dedicado a outras artes. Na podemos atopar a Sofía Espiñeira, cantautora que gañou o II Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo’; o rapeiro Sokram; o ‘trad’ de Zurrumulla ou o rock’n’roll de Familia Caamagno, entre outros.
Ademais, haberá tres exposicións: ‘Infinito’, de Daniel Pérez, ‘Debuxos de negros de Castelao’ (cedidos pola editorial Galaxia) e ‘100 anos. Irmandade da Fala de Compostela’.
E un Aberto da Poesía, puntuable para a Liga Nacional de Billarda, xunto cunha selección de curtas do Festival de Cans e artes escénicas da man de Limiar Teatro, que nos trae ‘A lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castelao’.